publicidade hoxe

Máis de 50 persoas, entre cativos e adultos, participaron no obradoiro de repostería de Frades

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFrades
A-
A+
Obradoiro de repostería en Frades

Obradoiro de repostería en Frades

Un total de 35 nenos e nenas participaron nun obradoiro gratuíto de repostería organizado polo Concello de Frades para axudar ás familias do municipio a conciliar a vida laboral e familiar durante as vacacións escolares de Semana Santa. Durante algo máis de dúas horas, os pequenos aprenderon a elaborar gallegas de pascua e a divertidos cupcakes, para o que contaron coa guía das tres monitoras do curso e coa colaoración dunha quincena de pais e nais, xa que os menores de 4 anos tiñan que estar acompañados dun adulto.

O alcalde de Frades, Roberto Rey, asistiu ao que se converteu nun dos obradoiros de conciliación máis participativos dos últimos anos. Esta tarde, o multiusos de Frades acollerá o segundo e último obradoiro de Semana Santa, nesta ocasión para aprender a facer pulseiras de goma elásticas.

15 de abril de 2014 | 19:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.