Máis de 200 voluntarios apoiarán aos atletas do Maratón Coruña42
O Concello, a través da área de Educación, Deportes e Mocidade que dirixe Francisco Mourelo, lembra que o prazo de inscrición para aquelas persoas interesadas en participar como voluntarias na III Maratón Atlántica Coruña42 manterase aberto até o próximo 21 de abril.
Entre as principais funcións que terán os voluntarios atópanse a de control e vixilancia dos pasos peonís e circulación de vehículos e tamén a de dar alerta ao Centro de Mando en caso de calquera incidencia.
Para iso, recibirán formación sobre primeiros auxilios e tamén se celebrará unha xornada para designar as funcións e os postos que ostentará cada un, dependendo dos seus intereses e capacidades, e atendendo aos criterios da organización.
1. ExpoRunning
Durante o venres pola tarde e o sábado todo o día Palexco será o centro de operacións, onde se entregarán os dorsais e chips aos corredores. A Exporunnning terá outros contidos que farán necesaria a colaboración voluntaria.
2. Guardarropa
Habilitarase para os corredores un servizo de guardarropa para que poidan depositar as súas pertenzas antes da saída e recollelas ao finalizar a proba.
3. Ciclistas – Protocolo de seguridade
Os atletas recibirán acompañamento en bicicleta durante o percorrido e os voluntarios colaborarán coa asistencia médica da proba, avisando do paso dos atletas e o seu aparente estado físico, xa que o circuíto é longo e a duración máxima é de 6 horas e media (entre as 08.30 e as 14.30 horas).
Ademais serán necesarias bicicletas que marquen as posicións dos primeiros homes e as primeiras mulleres durante a carreira.
4. Motos
Para apoiar á organización e ao voluntariado na distribución de avituallamiento ou desprazamentos médicos. Os interesados con carné e moto propia poderán colaborar no traslado de persoas (médicos, prensa, …) e materiais.
5. Saída
O voluntario vivirá de preto o nerviosismo da saída e a colocación dos corredores nos distintos tramos de saída en función dos tempos acreditados e o momento iniciais onde a ilusión respírase no ambiente.
6. Avituallamiento en carreira
Os voluntarios que ocupen este posto poden axudar a que os atletas se repoñan entregándolles auga, bebidas isotónicas e avituallamiento sólido. Algúns deles disporán do seu propio avituallamiento persoal que se entregará nos lugares designados para iso.
7. Atención ao voluntario e colaboradores
Os voluntarios tamén necesitarán ter o apoio doutros para un breve descanso, avituallarse como os corredores e recibir toda a axuda necesaria para desempeñar o seu labor.
8. Meta
O labor será a repartición de bebidas e alimentos aos corredores. Ademais, os interesados poderán colaborar coa gravación das medallas de finisher aos corredores.
O Cuartel de Atocha cede as súas instalacións para poder ofrecer aos corredores un lugar para ducharse a escasos metros da saída. O control necesario para acceder a unha instalación militar necesita de axuda dos voluntarios.
Desde o Concello estímase que máis de 200 persoas participarán como voluntarias neste evento e destaca o espírito deportivo e solidario das persoas que habitualmente colaboran nos eventos deportivos que se organizan na cidade. Ademais, entre os voluntarios atópase persoal de Deportes do Concello, Protección Civil, Cruz Vermella e distintas asociacións deportivas así como outras persoas que decidiron colaborar a título persoal.
As inscricións poden realizarse en voluntariadodeportes@coruna.es ou a través da web municipal de deportes (www.coruna.es/deportes). Pódese solicitar toda a información no teléfono de información municipal 010.











