Máis de 2.500 persoas inscribíronse ata o momento nas dúas carreiras de Coruña42

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

O Concello, a través da Concellaría de Educación, Deportes e Mocidade, que dirixe Francisco Mourelo, informa de que se pechou o segundo prazo de inscrición para a III Maratón Atlántica Coruña42 e a súa carreira paralela de 10 quilómetros coa participación, de momento, de 1.080 e 1.400 corredores respectivamente.

Agora, e até as doce da noite do próximo 20 de abril, permanece aberto o terceiro prazo de inscrición con prezos  de 50 e 53 euros, en Coruña42, en función da posesión ou non do chip amarelo; e de entre 15 e 17 no caso da carreira de 10 quilómetros.

Desde o Concello tamén se lembra que, no marco das actividades que engloba o Maratón, hoxe finaliza o prazo de inscrición para o programa de actividades, cumpríndose xa co obxectivo de cubrir 14 puntos do percorrido, un por cada quilómetro. O martes, día 22 de abril, ás 17.00 horas na Ágora, celebrarase o sorteo de asignación dos puntos.

Ademais, como en edicións anteriores, organizaranse eventos asociados ao Maratón, destacando as seguintes iniciativas:

– ExpoRunning. Trátase dun espazo aberto a todos os cidadáns, corredores ou non, no que se reunirán firmas comerciais especializadas no deporte en xeral e o running en particular.

– Ademais, os corredores populares participantes terán a oportunidade de compartir un adestramento previo cos atletas galegos máis consagrados. Neste sentido, este mércores a praza da Cubela acollerá unha masterclass con Pedro Nimo, terceiro no Maratón de Londres, e Paula Mayobre de gañadora, onte mesmo, da MediaSan do Camiño (Media Maratón por parte do Camiño de Santiago). O prazo para inscribirse finaliza o mércores ás 14.00 horas. Os interesados terán que enviar un mail a carreraspopulares@coruna.es .

Tras o éxito da edición 2013 de Coruña42, Coruña21, e Coruña 10, nas que participaron 8.000 corredores, os obxectivos para este ano na triloxía de probas atléticas é alcanzar os 10.000 participantes.

14 de abril de 2014 | 19:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.