Máis de 1.600 persoas asistiron ás preto de corenta actividades realizadas no marco de Previsel

Unha das actividades realizadas en Previsel
A novena edición de Previsel pecha as portas en Expourense contando coa participación de 2.000 visitantes, 1.600 dos cales asistiron a algunha das máis de corenta actividades organizadas durante as dúas xornadas de feira e que lle facilitaron aos traballadores en activo, desempregados e futuros profesionais a posibilidade de ampliar os seus coñecementos neste eido, xa que, tal e como destacaron os expositores, a formación é a ferramenta básica para loitar contra a siniestralidade laboral.
Ó acto de clausura desta edición acudiu o delegado territorial da Xunta de Galicia, Rogelio Martínez, acompañado polo vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, entre outros. Rogelio Martínez quen declarou que “o descenso da sinistralidade é froito do traballo colectivo de moitas das institucións e empresas que están representadas em Previsel dando a coñecer os seus produtos e servizos e transmitindo os seus coñecementos”, facendo referencia ás entidades colaboradoras e organizadoras de actividades neste salón: administración, empresas, asociacións empresariais, sindicatos, mutuas, colexios profesionais e servizos de emerxencia.
As actividades desta mañá comezaban co seminario organizado pola Confederación Empresarial de Ourense, CEO, impartido Dr. Tomás Camacho, coordinador nacional do área de toxicoloxía clínica (AETOX) e Medical Director MD, PhD, do Laboratorio Lema&Bandín y membro do Colexio Americano de Medicina Toxicolóxica. Este curso versou sobre as novas drogas emerxentes (spice drugs, anfetaminas, piperazinas, ketamina, etc.), o drama legal, e sobre o cambio de perfil social do considerado “toxicómano”.
Pola súa parte, o ISSGA impartiu hoxe o segundo dos obradoiros de prevención de riscos laboráis no agro que contaron cun importante nivel de participación de profesionais do sector primario galego e que insistiu na prevención dos accidentes máis frecuentes neste eido e sobre as enfermedades profesionais derivadas deste oficio.
Ademais, a CIG convocou hoxe a máis de 100 delegados e afiliados en Previsel para celebrar o seminario sobre o control e seguemento das incapacidades temporais por parte das mutuas.
Unha das actividades celebradas hoxe que esperatron o interese do visitantes foron as prácticas de excarcelación de vehículos accidentados no que participou o servizo de primeira intervención do Polígono de San Cibrao das Viñas.
Entre as actividades de hoxe tamén se impartiu unha xornada sobre a seguridade dos traballos en altura e sobre o transporte de mercadorías perigosas por estrada que estivo organizado por FREMAP. Celebrouse ademais un novo obraodiro de extinción de lumes con extintores.
Esta edición de Previsel contou co firme apoio da Dirección Xeral de Traballo Economía Social e do Instituto de Saúde e Seguridade Laboral de Galicia (ISSGA).
A vindeira cita de Expourense terá lugar os días 14 e 15 de maio coa celebración da 9ª edición de GALISENIOR, Salón Galego das Persoas Maiores.











