Maio gastronómico e cultural na Guarda
O Concello da Guarda organiza a campaña “MAIO GASTRONÓMICO E CULTURAL” onde a programación cultural mestúrase coa gastronomía. A finalidade é incentivar ós veciños e visitantes que non só gocen dos diferentes e variados actos culturais senón que coñezan a nosa gastronomía e viceversa. Un total de 21 restaurantes da Guarda participarán nesta campaña, ofrecendo un incentivo aos seus clientes: BONOS CON DESCONTO DO 10 %.
Ao longo do mes de maio un novo ciclo de cinema chega ó Centro Cultural da Guarda, con filmes de índole gastronómica: Un curioso restaurante onde escoitar a mellor música de Hamburgo e probar os pratos do seu excéntrico cociñeiro, a cociña do Palacio do Eliseo francés e a chocolatería de Vianne Rocher no Lansquenet.
VENRES 2 DE MAIO, SOUL KITCHEN
XOVES 8 DE MAIO, A COCIÑEIRA DO PRESIDENTE
VENRES 30 DE MAIO, CHOCOLAT
Ademais haberá outros actos culturais na Guarda no mes de maio, xa que o Concello ven de asinar un convenio para participar no circuíto de artes escénicas da AGADIC “Cultura no Camiño”, no que participan 81 concellos polos que pasa o Camiño de Santiago.
Gracias a este convenio de colaboración a AGADIC colabora co Concello da Guarda na contratación de diversos espectáculos, polo que o 9 maio poderemos representarase a obra de teatro “BICOS CON LINGUA”, de Talía Teatro, no Centro Cultural.
Pero o broche para o mes de maio é A GUARDA DOCE. Este nova cita nace coa finalidade de promocionar e comercializar os doces e sobremesas das confeitarías, pastelarías e panadarías nun espazo diferente do seu establecemento habitual.
A Guarda Doce terá lugar na Alameda durante a fin de semana do 31 de maio e 1 de xuño, ó longo do día, de 11:00 a 21:00 h. Os establecementos participantes amosarán ó público as súas elaboracións máis tradicionais e tamén as novas creacións nun entorno de festividade cunha programación de interese para nenos e maiores.
Están convidados confeiteiros, pasteleiros e panadeiros do Baixo Miño ou do distrito de Viana en Portugal. Deste xeito, A Guarda Doce adquire unha dimensión internacional onde os asistentes gozarán dunha diversa oferta. Tamén poderán establecementos que ofrezan alimentos artesáns.
O 17 de maio celébrase na nosa comunidade a festividade das Letras Galegas, que este ano dedicase á figura de Xosé María Díaz Castro (1914 – 1989), poeta orixinario de Os Vilares de Parga, Guitiriz (Lugo). Como xa é tradición na Guarda, terá lugar o desfile con saída da Alameda e o festival folclórico cos principais grupos da nosa vila.
Como cada maio, volverá a celebrarse unha vez máis a Feira do Libro da Guarda, onde acoden as librerías da nosa vila e da comarca do Baixo Miño, poñendo á venda os libros cun desconto do 20%.
A cita será o 18 de maio, domingo seguinte á celebración das Letras Galegas, e poderemos atopar ademais de libros, diversas actividades como obradoiros e espectáculos para os máis cativos, e ó final da tarde algunha sorpresa tamén para os máis maiores.
Este ano contaremos na sesión de mañán coa Tropa de Trapo e a súa historia sobre “Antía, Wamba e o regato pequeno”.
A finales de maio poderemos coñecer mellor a indumentaria máis tradicional do noso pobo. O día 31 inaugúrase a VII Exposición do Traxe Galego ás 20.30 horas na Casa dos Alonsos.











