Lúa Piñeiro e Juan Fernández participarán no Europeo Sénior de Taekwondo en Bakú
Os galegos Lúa Piñeiro e Juan Fernández disputarán o Campionato de Europa Sénior de Taekwondo, que se celebrará en Bakú (Azerbaiyán) entre os días 1 e 5 de maio. No Europeo participarán un total de 363 deportistas, que buscarán el título en 8 pesos (por categoría).
O equipo español, formado por 16 deportistas, xa se atopan en Bakú, despois dunha concentración no Centro de Alto Rendemento de Barcelona. A selección española viaxou o luns en dirección a Azerbaiyán, onde xa adestrou. Mañá celebrarase a cerimonia de inauguración, mentres que a competición comezará o día 1 de maio. Juan Fernández será o primeiro dos galegos en saír ao tapiz. O deportista do Natura Sport competirá o día 2 de maio en -58, un peso no que participarán un total de 28 competidores. Pola súa banda, Lúa Piñeiro (-67) terá que loitar polo título continental o día 4 de maio, contra 15 taekwondistas máis. Aínda non se realizou o sorteo, para coñecer os cruces.
Lúa chega a esta competición moi animada despois de lograr o triunfo no Open de Alemaña, un torneo moi importante, de categoría G1 e que outorga puntos para o ránking da WTF. Pola súa banda, Juan Fernández tamén fixo un gran campionato ao gañar dúas roldas e caer nos cuartos de final.











