López Abella visita en Santiago o programa ‘Médicos do mundo’ destinado ás mulleres en situación de prostitución e trata

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSantiago de Compostela
A-
A+
López Abella na visita ao programa "Médicos do Mundo". Foto: X. Crespo

López Abella na visita ao programa “Médicos do Mundo”. Foto: X. Crespo

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, visitou esta mañá en Santiago a sede da asociación ‘Médicos do Mundo’ coa que colabora a Xunta desde hai anos para a atención de mulleres inmigrantes en situación de prostitución e/ou trata con fines de explotación sexual.

‘Médicos do Mundo’ é unha das once entidades sen ánimo de lucro coas que Igualdade asinou o ano pasado convenios de colaboración para desenvolver programas de atención de mulleres en situación de trata e prostitución. No seu caso, o traballo desenvolvido busca mellorarar a saúde bio-psicosocial das mulleres e favorecer á súa integración.

En 2013 a ONG atendeu a preto de mil mulleres ás que lles brindou unha atención integral, tanto de asesoramento como de acompañamento. O 87 por cento destas mulleres son inmigrantes, a súa maioría en situación irregular e procedentes de países como Romanía (200), Brasil (184); Colombia (136), e República Dominicana (133).

Así mesmo, ‘Médicos do Mundo’ destaca un retorno á prostitución de mulleres de nacionalidade española, xa que a porcentaxe das mesmas incrementouse nun 14 por cento o ano pasado -con 124 mulleres atendidas- e un aumento entre as mulleres novas, de 18 a 24 anos, que en a penas dous anos triplicouse.

A Unidade móbil da organización desprázase ás zonas onde se exerce a prostitución de rúa, nos pisos ou nos clubs nas cidades de Vigo, Coruña, Pontevedra e Santiago de Compostela, e nas áreas de influencia de estas: Carballo, Arteixo, As Mariñas, Lalín, Boiro e Ribeira.

Ademais desta atención integral a mulleres, o ano pasado ‘Médicos do Mundo’ realizou 4.961 intervencións: 399 psicolóxicas, 891 sanitarias, 1.816 sociais e 1.855 obradoiros e outras accións educativas.

8 de abril de 2014 | 17:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.