publicidade hoxe

Licítanse por 850.000 euros as obras de mellora de trazado e do firme da estrada Cachafeiro-Vilapouca

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaForcareiLocal PortadaPontevedra
A-
A+

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas licita hoxe no Diario Oficial de Galicia as obras de mellora de seguridade da estrada Cachafeiro- Vilapouca (PO-536) por un importe de case 850.000 euros (842.147).

As obras consistirán na mellora do trazado e do firme, ampliando a plataforma existente ata un ancho mínimo de 6,40 metros, manténdose dentro do dominio público actual da estrada e evitando expropiacións. Para iso será necesario, fresar firme, incorporar unha nova capa de rodadura, renovar a drenaxe lonxitudinal e ampliación da transversal, e incorporar a nova sinalización.

A estrada PO-536 pertence á Rede Primaria Básica da Xunta de Galicia e discorre íntegramente polo Concello de Focarei, polo que os preto de 5.000 habitantes deste municipio se beneficiarán das melloras que se leven a cabo na totalidade deste vial de 4 quilómetros. Os traballos implicarán facer desbroces `por un volume de 4.200 m2, escavar 1.700 m3 e demoler estruturas por un volume de 1.500 m3.

As empresas interesadas en presentar a súa oferta para este contrato de obra pública que se executarán nun prazo máximo de 6 meses dende a firma do contrato, poderá presentala ata mediados do mes de maio.

Dende a Consellería de Medio Ambiente destacase que esta actuación súmase á que se vén executando dende mediados de marzo, que consisten na eliminación de bacheos localizados e no reperfilado das gabeas. Esta acción viaria da Axencia Galega de Infraestruturas implica un investimento de 60.000 euros.

Esta actuación é unha das obras priorizadas para este ano pola Consellería de Medio Ambiente dentro do seu programa de mantemento das estradas de titularidade autonómica e mellora da seguridade vial.

11 de abril de 2014 | 12:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.