publicidade hoxe

“Libros de película” para conmemorar o Día do Libro en Arzúa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaArzúa
A-
A+

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa organiza para os venres de abril o ciclo de cine Libros de película para conmemorar o Día Internacional do Libro que se celebra o día 23 deste mes.

As proxeccións serán os venres 4, 11 e 25 de abril ás sete da tarde no telecentro de Arzúa e nelas poderemos desfrutar de películas inspiradas en obras literarias.

O primeiro filme que se poderá ver será este venres día 4 de abril. Robin Hood é a película escollida para abrir o ciclo, a segunda proxección será a de El diario de Noa o venres 11 e a terceira e última Hansel y Gretel: cazadores de brujas o 26 de abril.

Ao final de cada película haberá sorteo de agasallos entre todos os asistentes.

O alcalde do Concello de Arzúa, José Luis García, anima a todos e a todas a participar neste ciclo de cine xa que “anima á lectura” e destaca ademais “a consolidación deste tipo de actividades na programación cultural anual” referíndose ao grande éxito de participación nas proxeccións cinematográficas levadas a cabo no pasado Nadal e Festa do Queixo.

3 de abril de 2014 | 19:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.