La Fiesta Escénica chega a Ourense co espectáculo circense ‘Galtuk’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioOurense
A-
A+
Presentación de Galtuk

Presentación de Galtuk

‘Gal’ vén da palabra Galicia e ‘Tuk’ da palabra Tucada ou batucada o que significa ruído, festa. Galtuk significa, pois, unha festa en Galicia. Este espectáculo permanecerá en Expourense esta semana e a que vén. Contando no primeiro día da función, venres 25 de abril, cun prezo especial e único de 8 euros.

La Fiesta Escénica é unha empresa española con residencia en Santa María de Oia e que xa percorreu varios países por Asia, América e Europa.

O novo espectáculo que presentan en Ourense, Galtuk, conta a historia dunha nena que ama o mundo do circo e ten decorada a súa habitación con motivos circenses. Unha noite, ao dormir soña que lle secuestran unha enorme cebra de xoguete que ten na súa habitación e dende alí emprende unha aventura para comezar o rescate da súa cebra; mentres a súa cama pasa a converterse no seu medio de transporte para esta aventura.

Artistas internacionais de Italia, Francia, Portugal, Marrocos, Chile, Arxentina ou Brasil, entre outros, compoñen un equipo capaz de converter este show nun espectáculo familiar cun novo concepto, un circo, pero un circo do século XXI.

 

24 de abril de 2014 | 12:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.