katia Calvar atópase a só un paso das medallas no Open de Alemaña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportes
A-
A+

A galega Katia Calvar (-62 quilogramos) quedou moi preto das medallas, ao caer no cruce dos cuartos de final contra a representante de Croacia nun combate moi axustado, que se decidiu a favor da croata. Así, péchase a actuación do equipo galego coa medalla de ouro de Lúa Piñeiro (-67) e a presenza nos cuartos de final de Juan Fernández e Katia Calvar.

A competición de Katia comezou fronte a deportista de Exipto Rewan Refaei, a que superou por só un punto de diferenza (4-3). Na seguinte rolda, a deportista do Mat´s foi moi superior e eliminou a Julia Santos (Brasil) por un contundente 8-1, e nos cuartos de final, cando buscaba as medallas, caeu fronte a Antonija Zeravica (8-6).

12 de abril de 2014 | 20:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.