Juan Pablo Fernández Rodríguez e Silvia Deira Barcala son os vencedores da II Carreira Pedestre de Oroso

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesOroso
A-
A+
Saída da carreira

Saída da carreira

Os atletas Juan Pablo Fernández Rodrígues (Sociedade Ximnástica de Pontevedra) e Silvia Deira Barcala (Atletismo Milladoiro) foron os gañadores absolutos da segunda edición da Carreira Pedestre Concello de Oroso, celebrada este sábado e na que participaron un total de 892 corredores (701 na competición regulada e 191 nas categorías pitufo e prebenxamín) chegados de todas as vilas de Galicia e mesmo doutras comunidades autónomas. Uns atletas que contaron co alento de centos de veciños e veciñas de Oroso, que aproveitaron o bo tempo para disfrutar dunha tarde de deporte e para aplaudir o esforzo dos corredores.

O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, amosouse moi satisfeito co resultado da proba e agradeceu a todos os atletas a súa participación. Ademais destacou o gran traballo desenvolto tanto pola Federación Galega de Atletismo como polos voluntarios de Protección Civil, os membros da Policía Local e os ciclistas do club Tambre-Bike, que fixeron que a proba se desenvolvese sen ningún incidente. Ademais, Mirás resaltou especialmente “a gran participación dos veciños e veciñas de Oroso, tanto competindo sobre o asfalto como animando sen parar aos atletas durante todo o percorrido e, especialmente, no centro de Sigüeiro”. Por iso, Mirás convidou a todos os presentes a “volver a Sigüeiro o ano que vén. Na primeira edición contamos con 692 atletas. Nesta edición foron 892 e esperamos seguir medrando ata convertirnos nunha proba de referencia no calendario”.

Resultados absolutos

A II Carreira Pedestre Concello de Oroso contou coa participación de 701 atletas, dos que 324 tomaron a saída na proba absoluta (97 máis ca na edición de 2013). Unha competición moi disputada, como demostra o feito de que entre os tres primeiros clasificados tan só houbo unha diferenza de 9 segundos. Juan Pablo Fernández Rodrígues (Sociedade Ximnástica de Pontevedra) gañoua proba cun tempo de 32 minutos e 56 segundos (case un minuto máis ca o primeiro gañador desta proba, Santiago López Rodríguez, quen non participou este ano pero que no 2013 gañara cun tempo de 31 minutos e 34 segundos).

O segundo clasificado foi Cristian Muiño Varela (Club Alejandro Gómez -Vigo) cun tempo de 32 minutos e 59 segundos, tan só 3 segundos máis co campión. O terceiro posto foi para Roberto Caneda Guede (Atletismo Milladoiro) cun tempo de 33 minutos e 5 segundos.

A gañadora da proba absoluta feminina foi a atleta Silvia Deira Barcala (Atletismo Milladoiro), que chegou no posto número 69 da xeral cun tempo de 42 minutos e 14 segundos. O segundo posto foi para María José Grobas Garaboa (Atlética A Silva – Cerceda), cun tempo de 42 minutos e 42 segundos. Grobas Garaboa repetíu así o mesmo posto ca na primeira edición, onde acabou segunda por detrás da santiaguesa Raquel Tuñas Peña, que este ano non competíu.  Completou o pódio María Fernández González (Club Atletismo Santiago) cun tempo de 44 minutos e 40 segundos

No resto de categorías da proba absoluta, os resultados foron os seguintes:

– Categoría Júnior-Promesa masculina:

1º Roberto Barral Noya

2º Adrián Iglesias Penido (CD San Paio –A Estrada)

3º Antonio Iglesias Vilela (Club Atletismo Santiago)

– Categoría Júnior-Promesa feminina:

1º Iria Senra Martínez

2º Maite Blanco Rial

– Categoría sénior masculina:

1º Amador Pena Torreira (Santiago). Noitebra FC.

2º Óscar Pazos Barbeito (Club Atletismo Coruña)

3º David Barreiro Carneiro

– Categoría sénior feminina:

1º Sara Seoane Cajaraville

2º Patricia Álvarez Rey

3º Ángela Souto González (Club Atletismo Coruña)

– Categoría veteranos A homes:

1º Roberto Caneda Guede (Ames). Atletismo Milladoiro. (REPITE TRIUNFO)

2º Felipe Miguens Gasamanes. (Club Atletismo Sar)

3º Jose Carlos Buján Otero. (Noitebra)

– Categoría veteranos B homes:

1º Carlos Fernández. (Club de Atletismo Verxel Nutrición Deportiva)

2º Francisco Pazos Campos.

3º Fernán López Álvarez. (Atletismo Friol)

– Categoría veteranos C homes:

1º Ramiro Pérez Pereira (Teo) (REPITE TRIUNFO)

2º Moncho Suárez Gómez. (Atletismo Milladoiro)

3º José Ramón Garabato Quintáns. (Atletismo Milladoiro)

– Categoría veteranos D mulleres:

1º Natalia Lorenzo Pérez (Ames). Atletismo Milladoiro. (REPITE TRIUNFO)

2º Eva de la Fuente Iglesias

3º Chelo Murias Rodríguez

– Categoría veteranos E mulleres:

1º Mercedes Fernández González (Sigüeiro-Oroso). (REPITE TRIUNFO)

2º Lourdes Prieto Vieites (Ames). Atletismo Milladoiro. (REPITE POSTO)

3º Mercedes de la Fuente Iglesias.

Resultados rapaces

O resto de probas comezaron cos pitufos e os prebenxamíns que, debido a alta participación rexistrada (191 en total) foron desdobrados nun total de catro probas para percorrer unha distancia de 300 metros pola rúa Camiño Inglés. Todos os participantes recibiron unha medalla de agasallo, así como unha bolsa con auga e pezas de froita.

Despois tomaron a saída os 114 participantes na categoría benxamín, que duplicou o número de participantes con respecto á anterior convocaroia e percorreron un quilómetro polo circuíto urbano de Sigüeiro. Os gañadores desta proba foron:

– Categoría benxamín masculina:

1º Sergio Prieto Pazos

2º Sergio Soto Manteiga (A.D. Fogar)

3º José Balsa Iglesias

-Categoría benxamín feminina:

1º Carmen Juanatey Garea. (Atletismo Fontes do Sar)

2º Candela Pereira Seijo. (Atletismo Fontes do Sar)

3º Gloria Iglesias Grobas. (Atlética A Silva – Cerceda)

Na categoría infantil  e alevín participaron 213 corredores, que deron dúas voltas ao circuíto urbano (2 quilómetros). Os gañadores foron

– Categoría alevín masculina:

1º Daniel Mato Gómez (Bertamiráns). Club Atletismo MillaRaio (REPITE TRIUNFO)

2º Iván Calvo Pombo.

3º Nicolás Díaz Platero.

– Categoría alevín feminina:

1º Isabel Caeiro Mariño. (Club Atletismo Lucus Caixa Rural Galega)

2º Antía Prieto Pazos.

3º Andrea Caneda Pajaro. (Atlética A Silva – Cerceda)

– Categoría infantil masculina:

1º Leonardo Guazzone Mariño. (Sociedad Atlética Val Miñor)

2º Samuel Barral Rodríguez

3º Rodrigo Tasende Reboredo. (Universidade Santiago de Compostela)

– Categoría infantil feminina:

1º Laura Cuesta Pereiro. (Club Atletismo Millaraio)

2º Paula Lamas Rodríguez

3º Iria Cao Blanco. (Atletismo Fontes do Sar)

Pecharon a carreira os 50 corredores cadetes e xuvenís, percorrendo un total de 3 quilómetros. Os resultados foron:

– Categoría cadete masculina:

1º Brais Insua Regueira (Noia).

2º Pedro Osorio López (Atletismo Narón)

3º Iván Carneiro Rodríguez

– Categoría cadete feminina:

1º Carmen Fernández Taboada (Déxter Triatlón Compostela)

2º Rocío García Villaverde (Universidade Santiago)

3º Ángela Tasende Reboredo.

– Categoría xuvenil masculina:

1 Brais Otero Lestón.

2º Manuel Fernández Taboada

3º Vicente Pérez Soloviev. (Club Atletismo Santiago)

– Categoría xuvenil feminina:

1º Sara Rochela Sánchez (Concello de Oroso)

2º Laura Moar Iglesias

3º Sofía Zapata Fermín (ITF Taek-wondo Oroso).

A entrega de premios tivo lugar no centro cultural de Sigüeiro, presidida polo alcalde de Oroso, Manuel Mirás Franqueira. Entregaron os premios o concelleiro de Deportes, Luís Rey; de Ensino, Antonio Leira; e de Vías e Obras, Eduardo Veiras.

29 de abril de 2014 | 17:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.