Inicio das xornadas formativas para profesionais contra a violencia de xénero

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

As xornadas comezaron no edificio Cersia de San Lázaro e contaron coa presenza da concelleira María Castelao, que participou nesta primeira toma de contacto do programa que continuará durante este mes de abril, maio e xuño As xornadas comezaron as 8.30 h coa intervención das fiscais de violencia de xénero de Santiago Fuencisla Ladrón de Cegama Escudero, Pilar Fernández Pérez e Aránzazu San José González. O tema, o marco normativo e a lexislación vixente en materia de violencia de xénero

Estes actos, dirixidos a profesionais con ámbito de actuación no municipio de Santiago, tratan de complementar o I Congreso de Intervención e prevención da violencia de xénero que se celebrou o pasado mes de novembro de 2013, buscando a reflexión e motivación para profesionais que traballan neste ámbito. Precisamente na Xunta de Goberno de hoxe aprobouse a celebraicón do II Congreso.

Este mes está programado para o día 24 unha ponencia sobre o protocolo de actuación das forzas de seguridade do Estado na que participará o Inspector Luis Gil Gamallo, xefe UPAP Comisaría provincial A Coruña, e o día 29 sobre o papel do home como suxeito da violencia de xénero que correrá a cargo Rubén Villar Trenco, experto en psicología forense.

En maio, os días 8, 15, 20 e 27 centraranse respectivamente na configuración das políticas de igualdade e visibilización da violencia de xénero; na violencia de xénero no ámbito xudicial galego; nas vítimas; e na violencia de xénero no eido da saúde.

Finalizarán en xuño (5, 12 e 19) cos seguintes temas: novas formas de relación entre mozos e mozas no sistema educativo; Xunta de Galicia: Recursos básicos e novidades; xustiza e familia: garda e custodia.

10 de abril de 2014 | 18:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.