Iníciase o proceso de adxudicación da cafetería do Centro Cívico de Monforte
A Xunta de Goberno aprobou o pasado venres o procedemento negociado polo cal se levará a cabo a adxudicación do servizo de cafetería do Centro Cívico situado no paseo do Malecón de Monforte.
Segundo marca a lei, convidouse a tres empresas, dúas de Monforte e unha de Pantón, sen prexuízo de que podan presentarse outras que así o desexen e sempre e cando cumpran cos requisitos recollidos nas bases desta convocatoria.
A data límite de presentación de ofertas é o día 23 de abril, e o canon base de licitación ascende a 5.490,84 € anuais.
As previsións do Concello son que a finais do mes de maio poda estar adxudicado este servizo.
As bases están publicadas no apartado Perfil do Contratante da web www.monfortedelemos.es











