Inician as obras de reparación do paseo marítimo entre Vilagarcía e Carril

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

Os traballos de reparación e acondicionamento do Paseo Marítimo entre Vilagarcía e Carril comezaron esta mesma mañá co obxecto de a zona de esparexemento presente o seu mellor estado de cara á temporada de verán que é cando maior afluencia de persoas rexistra. Os traballos consistirán na reposición de diversos tramos de enlousado, sumando unha superficie total de 800 metros cadrados e se realizarán outros arranxos complementarios.

O groso dos traballos consistirán el acondicionar o pavimento do paseo que se atopa en bastante mal estado debido ao tempo que levan colocadas as lousas, ás inclemencias do tempo e á imposibilidade económica de realizar un mantemento a fondo nos últimos anos. Para solventar esta situación colocaranse as baldosas que faltan, retiraranse as que se atopan en mal levantadas ou rotas e reporanse os tramos máis amplos onde o pavimento se atopa en peor estado.

Cola especial para maior resistencia e durabilidade
Debido ao tempo transcorrido dende que se construíu o paseo marítimo entre Vilagargía e Carril, na década dos 90, xa non se fabrica o modelo exacto de lousa orixinal, polo que se elixiu para a reposición unha plaqueta do mesmo material, cuarcita, e moi similar en aparencia. Ademais, para garantir unha mellor conservación e durabilidade do paseo, nesta obra utilizarase un material adhesivo moito máis resistente dos que había cando se fixo o paseo. Trátase dunha cola de morteiro adhesivo con alto contido en resina poliméricas e de reacción. Coa utilización desta cola preténdese que as plaquetas teñan unha axeitada subxección ao solo para evitar problemas como os que se viñan producindo ata o de agora, co lousas que se despegaban, se levantaban e acababan rompendo e creando desniveis que dificultan o tránsito dos peóns.

O proxecto prevé ademais outro tipo de melloras complementarias como a reposición dos tramos da varanda de formigón que se atopan rotos, a reparación dunha rampla castigada polos temporais, o pintado da balaustrada e a reposición de parte do aglomerado da Rúa Lucena.

O Concello adxudicou á empresa Obras, Transportes y Construcciones Fontefría L. A. realización dos traballos que se financiarán co axuda solicita ao Estado a través dos fondos habilitados por Costas para rexeneración dos litorais marítimos afectados pola sucesión de temporal deste último inverno; aínda que a administración local ten que adiantar o pago ata á resolución de axuda. Para elo recorre ao fondo de remanentes procedentes de anteriores orzamentos. O investimento final tras a adxudicación rondou os 38.000 euros tras a rebaixa ofertada pola empresa finalmente contratada.

29 de abril de 2014 | 11:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.