Inaugúrase un curso de elaboración de xabóns en Chandebrito
A concelleira de Patrimonio, Xuventude e Igualdade, María José Pino, e a concelleira de Promoción Empresarial, Comercio e Emprego, Rosa Rodríguez, inauguraron na tarde de hoxe o curso de elaboración de xabóns promovido polo Concello de Nigrán, que se impartirá todos os luns do mes de abril na Asociación de Mulleres Rurais de Chandebrito, en horario de 18.00 a 20.00 horas.
O curso, no que participan 19 persoas, ten como obxectivo fomentar as relacións cos veciños nas distintas parroquias do municipio, ao tempo que ofrecer alternativas de ocio aos veciños de Nigrán.











