Inaugúrase o programa de actividades de Ourense como Capital da Cultura do Eixo Atlántico

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOurenseOurense
A-
A+
Rogelio Martínez na apertura do programa

Rogelio Martínez na apertura do programa

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, asistiu este mediodía ao acto de apertura do programa de actividades organizados por mor da designación de Ourense como Capital da Cultura do Eixo Atlántico 2014. A presentación da programación de actos contou coa presenza do vicepresidente do Eixo Atlántico e alcalde de Braga, Ricardo Río, e do rexedor da cidade das Burgas, Agustín Fernández.Ourense é a primeira cidade galega en ser Capital Cultural do Eixo Atlántico, logo das cidades portuguesas de Vila Nova de Gaia e Viana do Castelo. Esta distinción é unha posta en valor da riqueza cultural de Galicia e do Norte de Portugal que conxuga o tradicional coa innovación e as vangardas culturais, reivindicando o patrimonio cultural pasado, presente e futuro e converténdose na mellor plataforma de difusión de novos talentos e artistas

30 de abril de 2014 | 17:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.