I Torneo Mixto de Futsal en Marín
Este sábado celebrase no Pavillón da Raña o “I Torneo La Peña LP Futsal Mixto Marín”, en colaboración co Concello local. O evento desenvolverase entre as 10:00 e as 23:00 do día 12 de abril.
Trátase dunha iniciativa do club La Peña LP, como fomento da práctica deportiva e coma ligazón desta modalidade deportiva ao ocio persoal e aos hábitos de vida saudables.
A novidade máis destacable é a obrigatoriedade de que os equipos participantes sexan mixtos, xa que é condición inquebrantable que polo menos unha persoa de cada equipo sexa do sexo contrario. Asimesmo, trátase dun torneo para todos os públicos, sempre e cando os inscritos superen os 16 anos de idade.
Ademais da diversión, haberá premios para os tres mellores clasificados, que van dende os 100 aos 50 euros ou ó agasallo de equipacións deportivas, ademais dos trofeos correspondentes.
Haberá actividades paralelas ó longo do día, como xogos, animacións e inchables que de seguro farán a ledicias de nenos e maiores.











