I Torneo ameSat FIFA14, en Milladoiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

Os vindeiros 18 e 19 de abril terá lugar no Milladoiro o I Torneo ameSat FIFA14.

A inscrición está aberta a participantes a partir de 12 anos, e pode facerse ata o día 14 de abril no local do Servicio Técnico ameSat (Rúa Raxoeira, 7, baixo)

O gañador levará como premio unha PlayStation4 con dous mandos, unha tv de 39”, e o xogo FIFA14.

Os partidos xogaranse na modalidade ‘un contra un’ e durarán un máximo de 10 minutos, con partidos de ida e volta na primeira ronda. As bases completas poden consultarse na web www.amesat.es

Dende a organización, que corre a cargo do servizo técnico ameSat, animan a todos os  afeccionados ao fútbol e aos videoxogos a demostrar as súas habilidades neste torneo.

6 de abril de 2014 | 20:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.