I Pechakucha do Morrazo
Continuando co “Taller de Ideas: Cara o emprendemento dende a participación”que dende a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado puso en marcha para Concellos e as súas respectivas Omix, a Casa da Xuventude de Cangas en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado ten a ben acoller o Iº Pechakucha do Morrazo: Iniciativa Xove 2014
Un formato de presentación de orixe xaponés no que os creadores presentan ao público o seu proxecto mediante 20 diapositivas de 20 segundos cada unha. Os asistentes interactúan e colaboran co creador opinando sobre o proxecto e ofrecéndose para participar nel. É un primeiro contacto que ten o creador co público e tamén un espazo no que se establece contactos con posibles colaboradores.
Á súa vez, preténdese organizar un Brainstorming para tomar conciencia das ideas colectivas como parte inspiradora e creadora.
A segunda parte do evento, PROXECTANDO INICIATIVAS, conformarase coma un obradoiro eminentemente práctico para desarrollar e madurar as ideas enmarcadas dentro da Iniciativa Xove, programa promovido pola Xunta de Galicia de cara o desenvolvemento de ideas no eido do emprendemento e a empregabilidade.
Aínda que os principais campos de actuación serán o teatro, o circo, a música, o audiovisual, a moda, a permacultura, e a etnografía, o evento estará aberto a todo aquel que teña un proxecto dentro da industria cultural ou de calquer outra índole que se poida enmarcar dentro desta iniciativa, convidando a todos aqueles que teñan unha proposta a dirixirse a xuventude@cangas.org. Celebraráse o próximo 28 de Abril de 17:00 a 20:00 horas.
Recordarche que Taller de Ideas pretende ser unha ferramenta de traballo, enfocado a mozos e mozas que teñan previsto presentar propostas no marco do programa Iniciativa Xove, ou noutros similares de participación xuvenil, e busquen mellorar as súas competencias e destrezas en canto a redacción e execución de proxectos.
O seu obxectivo é a consolidación destes programas como elementos dinamizadores do tecido asociativo, impulsores de iniciativas innovadoras e elementos valiosos no currículum non formal da mocidade.











