I Feira de Segunda Man e Troco en Fene

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFene
A-
A+

Lugar: Pavillón A Xunqueira de San Valentín.

Data:    27 de abril de 2014

Horario:    De 11 a 19 h.

Poderán participar todas aquelas persoas ou asociacións sen ánimo de lucro que realicen a solicitude en tempo e forma.

Nº de prazas: 130

É necesario inscribirse para os postos de 2ª man. No caso do troco acudir cos obxectos que desexa trocar.

As solicitudes de inscrición serán atendidas por orde de chegada ata cubrir as prazas.

Datas para inscribirse:

Para residentes en Fene: dende o día 7 ao día 16 De abril (ambos inclusive)

Para poboación en xeral: dende o día 21 ao día 23 De abril (ambos inclusive)

Lugar para inscribirse: No rexistro xeral do Concello de Fene, cubrindo o impreso creado a tal efecto

Os postos serán totalmente gratuítos e poderán ser ocupados unicamente por particulares ou asociacións sen ánimo de lucro. Non poderán participar negocios.

A asignación dos espacios corre a cargo da organización, quen comprobará a identidade do solicitante no momento de acceder ao posto asignado.

Os expositores comprometense a comercializar únicamente os produtos reflexados na solicitude, quedando excluídos os animais e os productos alimenticios

Os expositores non poderán ocupar maior espazo do asignado.

Cada participante disporá dunha mesa de 2 x 0,80 m.

A persoa que monte un posto de venta de 2ª man ou troco, deberá permanecer na súa mesa durante toda a xornada ou ceder a responsabilidade da mesma a outra persoa.

Os productos deberán ter o precio marcado, excepto no caso de troco.

O troco será inmediato. Non é equiparable en diñeiro, é decir, ti deixas un artigo e levas outro.

O troco so será posible cando así o permita o expositor.

Os obxectos deben estar en un estado normal de conservación e os aparatos mecánicos/eléctricos/electrónicos deben funcionar correctamente.

Non se permitirá a venta a postos cun so tipo de producto ou obxectos que sean indicadores de stock sobrante ou artesanías.

Queda prohibida a venta de material falsificado ou pirata, como películas, música ou videoxogos. A organización non se fai responsable dos posibles problemas legais ocasionados por vende este tipo de material.

O público asistente poderá optar entre mercar un artigo de 2ª man o trocar algún obxecto.

10 de abril de 2014 | 10:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.