I Encontro Interzonal de Atletismo en Monforte
A A.D. A Gándara en colaboración co concello de Monforte organizan o I Encontro Interzonal de Atletismo Lugo Sur.
Trátase dunha actividade que ten como obxectivo fomentar o deporte, en particular o atletismo, en categorías menores. As idades dos participantes van dende a categoría prebenxamín (pitufos) ata a categoría cadete.
Na competición participarán atletas federados da A. D. A Gándara e do Club de Atletismo Ribeira Sacra de Chantada.
A competición consistirá en tres xornadas que se desputarán os días 11 de abril, 16 de maio e 20 de xuño nas Pistas Municipais de Atletismo da Pinguela entre as 17:15 e as 19:45 h.
As modalidades atléticas que forman parte da competición son as seguintes:
CARREIRAS:
300 m. v.
80 m. v.
1 km marcha
2 Km marcha
3 Km marcha
1000 m.l.
600 m.l.
500 m.l.
300 m.l.
150 m.l.
100 m.l.
80 m.l.
60 m.l.
50 m.l.
Relevo 4 x 60
Relevo 4 x 80
Relevo 4 x 100
CONCURSOS
Lanzamento de Peso
Salto de altura
Salto de lonxitude
Triple salto
Salto con pértega











