Harmonía e innovación enogastronómica nos obradoiros formativos da Asociación Ruta do Viño do Ribeiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibadavia
A-
A+

Dende a Asociación Ruta do Viño do Ribeiro  organízanse os primeirosObradoiros de Harmonía de CreatividadeEnogastronómica.O obxectivo é ofrecer ferramentas para crear pratossinxelos con produtos de calidade diferenciada de Galicia cun toque de creatividade. Se pretende a participación activa dos asistentes que, unha vez elaborado o pratoprodecerán á degustación harmonizado con viños das adegas adheridas á Ruta do Viño do Ribeiro.

Os Obradoiros de Harmonía e CreatividadeEnogastronómicaterán lugar os días 23 e 24 de abril e 21 e 22 de Maio, horario de 17:30 a 20:30. Aínda que están destinados aos socios da Ruta do Viño do Ribeiro, está aberto á participación de entidades non socias.

Para impartir os obradoiros contaremos coa participación de Angel Ríos Quintela, Xefe de Cociña do Restaurante Pepe Vieira (Estrella Michelín) e Pablo Vidal, Director Técnico do CRDO Ribeiro. Nun dos obradoiros contaremos coa colaboración especial de Nacho Costoya, un dos sumiller máisgalardoados de España. 

Para participar nos obradoiros é necesaria inscrición previa, xa que as prazas son limitadas, 15 persoas por obradoiro. As persoas interesadas poden obtermáis información na web www.rutadelvinoribeiro.comou no teléfono 988.472. 056.

11 de abril de 2014 | 18:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.