Grupo Castrosua formaliza a entrega de 21 autobuses á cidade lituana de Vilna

Presentación en Lituania

Presentación en Lituania

Grupo Castrosua formalizou esta mañá, nun acto institucional celebrado na capital de Lituania (Vilna), a entrega de 21 autobuses ao operadorVilniausViesasis Transportas, fabricados nas instalacións da empresa en Santiago de Compostela. Trátase da primeira entrega enmarcada no concurso para a subministración de 93 unidades a Lituania, repartidas entre 9 operadores de transporte distribuídos por todo o país, do que a carrocera resultou adxudicataria o ano pasado.

No transcurso do acto de entrega participaron –en representación do presidente do grupo, Juan Luís Castro- o director executivo da empresa, Enrique Ulloa, e o director comercial, Javier García. Xunto a eles, tomaron parte no acto o alcalde de Vilna; o ministro de Transportes de Lituania e o director do operador de transporte VilniausViesasis Transportas, así como membros da Embaixada de España en Lituania, entre os que se atopaba o Embaixador.

Tal e como destacou Javier García, director comercial da empresa, no acto “os vehículos producidos nas instalacións de Castrosua e entregados a Vilna caracterízanse pola súa fiabilidade e robustez, así como polos seus altos estándares de calidade construtiva e o seu completo equipamento”

Características técnicas

Un total de 20 das 21 unidades entregadas esta mañá á cidade de Vilna pertenencen ao modelo City Versus de Castrosua, todas elas realizadas sobre chasis IvecoCitelis CNG, e 1 unidade correspóndese co modelo híbrido Tempus GNC. O equipamento de todas as unidades personalizouse de acordo ás demandas do organismo contratante.

Así, cada un dos vehículos modelo City Versus ten unha lonxitude de 12 metros e unha altura de 3,3 metros, conta con bastidor multiplexado de 3 portas con sensibilización mediante válvulas neumáticas, 26 butacas para pasaxeiros, dous sistemas de iluminación diferentes para optimizar o uso enerxético, moderno sistema de ventilación e pintura exterior anticorrosiva.Ademais, para garantir a seguridade do condutor os vehículos posúen sistema de peche antivandálico.

Por outra banda, o modelo híbrido Tempus GNC caracterízase polo seu sistema de tracción exclusivamente eléctrico, polas súas baterías acumuladoras de gran capacidade e por constituír unha referencia de transporte urbano baseado na sustentabilidade e no respecto ao medio ambiente. Cunha lonxitude de 11,3 metros e unha altura de 3,1, o modelo Tempus entregado ao operador de transportes lituano posúe 18 butacas para pasaxeiros, e conta con modernos sistemas de ventilación, electricidade e iluminación.

Estratexia de internacionalización

Os directivos da empresa, con sede social en Santiago de Compostela, sinalaron tamén durante o acto que “a todos os que formamos Grupo Castrosua comprácenos especialmente constatar como un dos alicerces sobre os que sustentamos o noso plan estratéxico, o da internacionalización, segue reportándonos magníficas satisfaccións”.

Neste sentido, Enrique Ulloa destacou que Castrosua é “unha empresa afeita, desde hai décadas, a traballar para os mercados internacionais máis esixentes, pero foi en 2010 cando fixemos un esforzo adicional no obxectivo de diversificar mercados. Esta aposta deunos excelentes resultados, tal e como revela este pedido da cidade de Vilna, cuxa entrega hoxe formalizamos”.

Concurso para a subministración de autobuses a Lituania

Grupo Castrosua resultou adxudicatario do concurso para a subministración de 93 unidades a Lituania o ano pasado. En total, entregaranse, no marco desta acción 10 autobuses híbridos urbanos e de 83 carrozarías urbanas. En total, 93 unidades que se repartirán entre 9 operadores de servizo de transporte distribuídos por todo o país, sendo a súa capital Vilna a que leva a maior cantidade con 21 unidades.

29 de abril de 2014 | 18:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.