Gondomar acolle un curso de aproximación ao cristal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomar
A-
A+

A Fundación Centro  Galego da Artesanía e do Deseño, en  colaboración co Concello de Gondomar e a Asociación Galega de Artesáns Tradicionais organizan o curso Aproximación ao cristal I- Elaboración de contas de vidrio coa técnica do soplete (Lampworking).

A actividade terá unha duración de 50 horas e impartirase do 28 abril ao 3 de Maio. Estará impartida por  Susana Pereira Armada que, ademais de ser profesora de Lampworking, traballa no seu propio taller e dedícase aos accesorios e á moda. Máis información sobre o seu traballo en:  www.xente.mundo-r.com/susiarmada

O curso, totalmente gratuíto, congregará en Gondomar a 15 artesáns de toda Galicia convertendo  ao municipio no centro formativo  artesanal de Galicia, nestas datas.

23 de abril de 2014 | 17:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.