Gastronomía e cultura comparten mesa no mes de maio na Guarda
Esta nova campaña mestura a programación cultural coa gastronomía. A finalidade é incentivar ós veciños e visitantes que non só gocen dos diferentes e variados actos culturais, senón que coñezan tamén a nosa gastronomía e viceversa.
O broche para o mes de maio é A GUARDA DOCE. Este nova cita nace coa finalidade de promocionar e comercializar os doces e sobremesas das confeitarías, pastelarías e panadarías nun espazo diferente do seu establecemento habitual.
A Guarda Doce terá lugar na Alameda durante a fin de semana do 31 de maio e 1 de xuño, ó longo do día, de 11:00 a 21:00 h. Os establecementos participantes amosarán ó público as súas elaboracións máis tradicionais e tamén as novas creacións nun entorno de festividade cunha programación de interese para nenos e maiores.
Están convidados confeiteiros, pasteleiros e panadeiros do Baixo Miño ou do distrito de Viana en Portugal. Deste xeito, A Guarda Doce adquire unha dimensión internacional onde os asistentes gozarán dunha diversa oferta. Tamén poderán establecementos que ofrezan alimentos artesáns











