Gala do Comercio no Teatro Jofre de Ferrol
A Federación Provincial de Comercio e a Deputación da Coruña, celebrarán hoxe xoves, ás 20.30h, unha Gala na que premiarán a dez comerciantes ferroláns e ao antigo Presidente de ACOF o Sr. D. Víctor Izaguirre. No acto proxectarase o anuncio da campaña que se emite en diversos medios de comunicación. A Gala terminará cun concerto do grupo Amizades. A entrada é gratuíta ata completar o aforo do Teatro.











