publicidade hoxe

Frades convoca obradoiros de repostería e de pulseiras no programa de conciliación familiar en Semana Santa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFrades
A-
A+

O Concello de Frades convoca dous obradoiros gratuítos para axudar ás familias do municipio a conciliar a vida laboral e familiar durante as vacacións escolares de Semana Santa. Trátase de dous obradoiros que dirixidos a nenos e nenas do municipio que terán lugar o luns 14 e o martes 15 de abril, en horario de 16:00 a 18:00 horas, no multiúsos de Frades.

Así, o luns 14 de abril terá lugar un obradoiro de repostería, no que os pequenos e pequenas de Frades aprenderán a decorar cupcakes e a elaborar galletas de pascua. O martes 15 de abril, o obradoiro ensinaralles a elaborar pulseiras de goma elásticas. Os talleres están abertos a nenos e nenas en idade escolar, se ben os menores de 4 anos deberán contar coa presenza dun adulto.

A participación en calquera destes dous obradoiros é totalmente gratuíta, se ben por cuestións de loxística é preciso anotarse previamente no Concello de Frades ou chamando ao teléfono 981 695 567. O prazo de inscrición remata este venres 11 de abril.

7 de abril de 2014 | 19:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.