publicidade hoxe

Finalizan as obras de acondicionamento da senda fluvial do río Umia en Cambados

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambados
A-
A+

A senda fluvial do río Umia, que parte dende o inicio da ponte de Castrelo cara a parroquia de Vilariño cun quilómetro de lonxitude, ofrece un aspecto renovado despois do remate das obras de acondicionamento desenvolvidas nos últimos meses.

O investimento da consellería de Medio Ambiente, contando con fondos europeos Feader, superou os 24.000 euros, dos que 2.470 sairon das arcas municipais.

A senda que transcurre pola beira do Umia conta cunha lonxitude de 1.025 metros e cun ancho medio de case 5 metros. Os traballos foron acometidos en dúas anualidades e consistiron na dotación dunha capa de xabre de 20 centímetros de espesor co fin de conseguir unha superficie regular e cómoda para o tránsito peonil. Tamén se procedeu ó desbrozamento da marxe do cauce fluvial para favorecer a escorrentía das augas na época das choivas.

En paralelo coas anteditas obras, o Obradoiro de Emprego Cambados Turismo Sostible II levou a cabo a instalación duns valados de madeira separando o sendeiro peonil das brañas situadas sobre o cauce do río, ademais de colocar bancos de madeira e árbores ornamentais en algúns tramos do traxecto.

10 de abril de 2014 | 20:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.