Finaliza o Santiago Paixón 2014 co sorteo de 25 experiencias gastronómicas e 14 culturais

Sorteo de premios do Santiago Paixón
Case 1.600 persoas desgustaron algún dos 26 menús temáticos que ofrecían os restaurantes participantes nesta edición do Santiago Paixón. Entre todos eles sorteáronse 25 experiencias gastronómicas, con diversos lotes de produtos galegos, e 14 experiencias culturais, con visitas á Catedral e á Cidade da Cultura de Galicia. Entre os premiados hai persoas da cidade e da área de Compostela, así como doutras poboacións galegas como Vigo, A Coruña ou Fene, tres persoas de Navarra e Euskadi, a nivel de turismo nacional, e tres premiados que proviñan de Arxentina e Italia.
No sorteo estiveron presentes a xerente de Turismo de Santiago, Maruxa Ledo, Pedro Sánchez, membro da Xunta de Confrarías de Santiago, o presidente de Restauración, Jesús Sordo e Germán González, da directiva de Restauración, que fixeron un balance moi positivo das xornadas gastronómicas e avanzaron algunhas novidades sobre o Santiago Pasión 2015, destacando a colaboración entre o sector hostaleiro, as confrarías e outros axentes públicos e privados, para facer que a Semana Santa de Compostela poida converterse unha das máis coñecidas e afamadas de España











