Festa dos Maios en Poio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPoio
A-
A+

O próximo xoves 1 de maio celebrarase no Concello de Poio a Festa dos Maios. O prazo de inscrición comezou o 22 de abril e remata o martes 22 ás 14 h. Desde a concellaría de cultura espérase unha participación similar á de anos anteriores, arredor de 17 maios nos que participan colectivos, asociación culturais, agrupacións… que participaron nunha reunión co concello para elaborar as bases que rexerán o Concurso dos Maios 2014.

A Festa dos Maios é unha das máis ancestrais do noso municipio, grazas á involucración ano tras ano da veciñanza, maiores e cativos, que co seu traballo e saber facer manteñen viva e actual esta costume.

O concurso terá lugar o 1 de maio, a partir das 11 h. na Praza do Mosteiro de San Xoán. Cada maio participante recibirá 150 € e dúas roscas pola súa participación, e entrará a concurso nas categorías de mellor maio, mellor conxunto, mellores coplas, mellor interpretación, mellor coroa e mellor barco tradicional, para as que haberá primeiro, segundo e terceiro premio.

O xurado, integrado polos representantes dos tres grupos políticos na Comisión de Cultura, valorará aos participantes valorará as características ao respecto da estrutura, os elementos vexetais, as dimensións, a composición das coplas e a interpretación consonte á tradición dos maios na nosa zona.

Pola tarde, os protagonistas desta festa, os nenos e nenas, ofrecerán unha nova actuación a partir das 17.30 h. Comezará coa música tradicional e as 6 da tarde comezarán as actuacións dos maios na Praza de Chousa.

25 de abril de 2014 | 17:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.