Ferrol ten a exposición pública o censo electoral
O Concello de Ferrol informa que está aberto o prazo de exposición pública do censo electoral até o vindeiro luns, día 14 de abril de 2014. Neste período calquera persoa pode presentar unha reclamación administrativa sobre os seus datos censuais. A consulta do censo pode realizarse no departamento de Estatística do Concello de Ferrol –planta baixa da Casa Consistorial- ou ben no número de teléfono: 901 101 900.
A consulta deberá ser formulada polo propio interesado, previa identificación. O documento de identificación deberá ser algun dos que, para o acto da votación, indica o artigo 85.1 da Lei Electoral: DNI, pasaporte ou permiso de conducir no que apareza a fotografía do titular. No caso dos cidadáns da Unión Europea tamén será válida a tarxeta de residencia ou calquera dos documentos anteriores emitidos polo país de orixe, sempre que inclúa as fotografía do elector.











