Ferrol mantén aberto o prazo de solicitudes de axudas para o comercio, hostalería e operadores do mercado

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

O Concello de Ferrol mantén aberto o prazo para solicitar as subvencións para o comercio, hostalería e operadores/as do Mercado da Magdalena do Programa Urban Ferrol, cofinanciado co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

As subvencións estás destinadas ao sector comercial e hostaleiro dos barrios da Zona Urban (Canido, Ferrol Vello e A Magdalena) e aos/ás operadores/as do Mercado da Magdalena. Entre os posibles beneficiarios do sector comercial e hostaleiro podemos encontrar: comerciantes minoristas de produtos alimenticios, bebidas, tabaco, produtos industriais, comercio mixto, servizo de alimentación, hospedaxe, axencias de viaxes, lavanderías, salóns de perruquería e servizos fotográficos entre outros.

As primeira liña de axudas está orientada á mellora dos establecementos, que acadará o 50% do gasto total subvencionable cun límite de 6.000 euros.

A segunda liña está destinada á creación de novos negocios, que acadará tamén o 50% do gasto total subvencionable co límite de 6.000 e de 11.000 euros se se crea alomenos un posto de traballo, que deberá manterse por un período mínimo dun ano.

A terceira e última liña de axudas está dirixida á adquisición de mobiliario de terrazas, que acadará o 60% do gasto total subvencionable cun límite de 3.000 euros.

O importe global das axudas para esta convocatoria ascende a 84.480 euros, e comprende como actuacións subvencionables: a mellora de fachadas, reformas no interior do local, mellora de escaparates, colocación de novos rótulos, obras de eliminación de barreiras arquitectónicas, adquisición de mobiliario e equipamento interior (agás ordenadores portátiles) e mobiliario de terrazas.

Ata o momento un total de dez negocios solicitaron as subvencións do Programa Urban Ferrol nesta convocatoria todavía aberta.

O prazo de presentación de solicitudes, según as bases da convocatoria, remata o próximo 17 de abril, xoves santo. Ao tratarse dun día festivo, pasa ao primeiro día hábil seguinte, é dicir, ao sábado 19 de abril. As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Ferrol no seguinte  horario: de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas e os sábados é de 9:00 a 13:00 horas.

Os interesados poden solicitar información e a revisión previa da documentación na Oficina do Programa Urban, situada na Casa Solidaria, Rúa Velázquez nº 44, 5ª planta. Teléfono: 981 944 279

4 de abril de 2014 | 19:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.