Ferrero asina o contrato de “Asistencia técnica para a redacción do Plan Director de Saneamento de Carballo”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarballo
A-
A+
Sinatura do Plan Director de Saneamento de Carballo

Sinatura do Plan Director de Saneamento de Carballo

A Casa do Concello de Carballo vén de acoller o acto de sinatura do contrato do servizo de “Asistencia técnica para a redacción do Plan Director de Saneamento do Concello de Carballo”. Estiveron na cita o Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e un representante da empresa adxudicataria, GIGA, Gabinete de Ingeniería SL. O importe da adxudicación con IVE é de 72.418,50 euros e o prazo de execución previsto é de cinco meses e quince días. Este contrato enmárcase dentro dos estudos que está realizando o Concello para elaborar un Plan Director de Saneamento. Así, a fins do ano 2014 vence a concesión que xestiona a rede de saneamento do Concello de Carballo, nestes momentos en mans da empresa Viaqua, e, ante a necesidade de convocar un novo concurso, o Concello considera necesario realizar unha serie de estudos que permitan definir o sistema de saneamento e con elo as accións e investimentos que será necesario acometer durante o período da nova concesión. Ante esta situación, o Concello licitou este contrato coa finalidade de redactar un Plan Director de Saneamento, o cal debe reflectir a problemática existente a nivel local en materia de saneamento e servir de documento básico que permita planificar as futuras actuacións e inversións. Co desenvolvemento deste plan de saneamento local definiranse medidas que contribuirán á mellora da calidade das augas e a consecución de un bo estado ecolóxico de acordo aos principios da Directiva Marco da Auga.

14 de abril de 2014 | 18:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.