Fene acolleu un Encontro de palilleiras que contou con máis de 700 artesáns

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFene
A-
A+

Este  sábado tivo lugar o ENCONTRO DE ARTESÁNS en horario de 11:00 a 14 horas e de 16 a 19 horas coa organización do CONCELLO DE FENE  a través da súa área de Promoción Económica e a Asociación As Tadetas e a colaboración do Concello de Fene e no que houbo un gran éxito de visitantes.

719 Palilleiras estiveron a exercer a súa arte todo o día. Nunca se alcanzase esta cifra desde que se iniciou como Encontro de Artesáns en 2009. Procedían  de toda España sendo o grupo  máis numeroso o proveniente  de Terra Chá, Mariña e Ourense.

Ademas o sábado iniciouse a I Exposición de Camelia do Concello de Fene, que tamén puido complentarse o domingo

Tamén houbo postos artesáns onde comprar obxectos tradicionais e mesmo grupos como ASPANEPS Fene, a Asociación de Fibromialxia de a  comarca, Mans Unidas Ferro l(por primeira vez nun evento), Asociación de Minusválidos da comarca, AAVV de Sillobre e as escolas artesanais municipais de Fene tiveron o seu espazo

Ás 12:30 fíxose a entrega de premios do III Concurso de Escaparates Concello de Fene (na a modalidade de premio do xurado e votación popular) resultando gañador en ambas as modalidades PASTELARÍA MARTÍNEZ

27 de abril de 2014 | 18:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.