Federico Mayor Zaragoza ofrecerá unha conferencia no Liceo de Ourense
Esta mañá tivo lugar no Liceo de Ourense a presentación da conferencia que ofrecerá o divulgador Federico Mayor Zaragoza baixo o título Por fin, la voz de los pueblos. Será o vindeiro mércores 23 de abril ás 20.30 h no Salón Noble do Liceo.
A presentación foi levada a cabo pola concelleira de Educación e Cultura, Ana Garrido, e o Presidente do Liceo, Javier Casares, e ambos repasaron a traxectoria deste importante pensador destacando o seu compromiso coa educación, a cultura da paz, do diálogo intercultural, da democracia, da muller e da igualdade… temas sobre os que falarán na súa conferencia.
Federico Mayor Zaragoza é actualmente o Presidente Fundación Cultura de Paz, e ao longo da súa biografía ocupou diversas responsabilidades públicas como Ministro de Educación y Ciencia (1981 – 82), ou Director Xeral da UNESCO en 1987 reelexido no 1993. A concellería de Educación e Cultura ven colaborando habitualmente coa fundación da que é presidente.











