Fecimo organiza un photocall para “Mamás Superstar”
FECIMO sairá á rúa cun concurso fotográfico para promocionar o seu próximo sorteo que leva por nome “Mamá Superstar”, englobado dentro da campaña desta primavera: “Primavera en familia” que anima a mercar nas empresas locais asociadas con diferentes premios.
Será a próxima semana cando se instalará nas vilas do Morrazo un divertido “photocall” para todo aquel que desexe fotografiarse co lema “Mamá Superstar”, ben sexan mamás, ou calquera que queira mandarlle unha mensaxe á súa nai.
As fotografías tomadas polos organizadores serán cargadas na páxina de facebook “ViveOMorrazo” – www.facebook.com/ViveOMorrazo – e se contabilizarán todos os “me gusta” que reciba ata o día 6 de maio.
A que obteña máis votos conseguirá un cheque-compra de 50 euros para canxear nos establecementos asociados a FECIMO. Haberá un premio por cada localidade.











