Exposición pública do censo electoral de Teo por mor das eleccións europeas
O Concello de Teo informa que o prazo de exposición pública do censo electoral por mor das Eleccións ao Parlamento Europeo será do 7 ao 14 de abril. Durante este período calquera persoa pode presentar unha reclamación sobre os seus datos censais.
As persoas interesadas en comprobar se estes datos son correctos poden consultalo en horario de 08:00 a 15:00 horas de luns a venres nas oficinas municipais. As comprobacións pódense facer persoalmente ou por teléfono no 981 815 700, aínda que para solicitar modificacións hai que facelo necesariamente de xeito presencial xa que deben ir asinadas. As persoas deben acreditar a súa identidade co DNI, pasaporte ou carné de conducir no que apareza a fotografía do titular. No caso dos cidadáns da Unión Europea tamén será válida a tarxeta de residencia ou calquera dos documentos anteriores emitidos polo país de orixe, sempre coa fotografía do elector.
Esta revisión é de especial interese para as persoas que cumpriron 18 anos e que poden ejercer o seu dereito ao voto por primeira vez e para aqueles que cambiaron ou teñen mal o enderezo











