Expóñense en Ourense as listas do censo das próximas eleccións ao Parlamento Europeo
Con motivo das eleccións ao Parlamento Europeo do vindeiro día 25 de maio, as Listas do Censo Electoral estarán expostas ao público dende o vindeiro luns, 7 de abril, ata o luns, 14 de abril, nas oficinas do Negociado de Estatística do Concello de Ourense, na Casa do Concello (Praza Maior), e na Oficina Municipal de A Ponte, sita na Avenida de Santiago, número 7.
As consultas na Casa do Concello poderanse realizar nos seguintes horarios:
Luns, 7 de abril de 9:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 19:30 horas
Martes, 8 de abril de 9:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 19:30 horas
Mércores, 9 de abril de 9:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 19:30 horas
Xoves, 10 de abril de 9:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 19:30 horas
Venres, 11 de abril de 9:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 19:30 horas
Sábado, 12 de abril de 9:00 a 13:00 horas
Luns, 14 de abril de 9:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 19:30 horas
As consultas na Oficina Municipal de A Ponte poderanse realizar dende o luns 7 de abril ata o luns, 14 de abril, (agás sábado e domingo), de 9:00 a 14:00 horas.
Todos os interesados deberán presentar o documento de identidade para poder comprobar os seus datos persoais e, en caso de ser preciso, realizar as reclamacións que estimen oportunas.











