Éxito das competicións de fútbol sala organizadas pola “Comunidade Intermunicipal Terras de Iria”
A “Comunidade Intermunicipal Terras de Iria” formada polos concellos de Dodro, Padrón e Rois ven de clausurar as competicións de fútbol sala organizadas nesta tempada 2013/2014. Unha nova mostra da colaboración entre os tres concellos, esta vez a través das concellerías de deportes.
Onte xoves día 10 e hoxe venres finalizaron a “II Liga de F.Sala Terras de Iria” e a “IV Liga de F.Sala de Base Terras de Iria” respectivamente, celebrándose estas últimas xornadas no Pavillón dos Grupos Escolares de Padrón.
Á entrega de premios acudiron por parte do Concello de Dodro o Alcalde Valentín Alfonsín Somoza, o Concelleiro de Deportes José Núñez Rubines e o Concelleiro de Obras Maximino Rodríguez Borrazás. Por parte do Concello de Padrón asistiu o Tenente de Alcalde José Ramón Pardo Andrade e o Concelleiro de Deportes Andrés Sanmarco Santos. E polo Concello de Rois a Concelleira de Cultura, Deportes e Xuventude Victoria Quiroga Ramallo.
Na “II Liga de Fútbol Sala Terras de Iria” participaron 15 equipos. O campión de Liga foi Mayacos / La Gramola, e o campión de Copa foi O Garaxe / Pub Beer´s.
Na IV Liga de Fútbol Sala Terras de Iria participaron 150 nen@s de 16 equipos repartidos nas categorías prebenxamín ( 2006 e 2007 ), benxamín ( 2004 e 2005 ) e alevín ( 2002 e 2003 ) . O campión da categoría Prebenxamín foi o Furia A.C., da benxamín o EDM A Pobra e da categoría alevín o Furia A.C. Os primeiros clasificados da categoría benxamín e alevín clasificáronse para participar no Campionato Intercomarcal de Fútbol Sala do Deporte en Idade Escolar da Xunta de Galicia que en esta edición se disputará en Cee.
Os concellos que forman Terras de Iria valoran de maneira positiva o nivel de participación e a boa acollida que tiveron estas actividades.