Etapa definitiva na regata Ría de Pontevedra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesPontevedra
A-
A+

Non se prevén tan boas como foron na primeira etapa, as condicións de vento para este próximo sábado para celebrar a 2ª e definitiva etapa do a XI Regata Ría de Pontevedra para Cruceiros que están a organizar conxuntamente o  Real Club Mar de Aguete, Club Náutico de Portonovo e Real Club Náutico de Sanxenxo, baixo a dirección técnica da firma organizadora de regatas e eventos náuticos, Desmarque SL., que por certo novamente volveu utilizar neste evento a aplicación para seguimento dos barcos en directo, que tanto éxito está a ter, xa que logo en calquera momento os participantes e afeccionados puideron rebobinar a regata e ver como foron os bordos de cada un, velocidades, erros e acertos de tácticas, etc…  Para este sábado, os ventos parece que van ser flojillos do Noroeste e por tanto, quizá non se poida facer unha regata tan longa como o primeiro día.

Tras a primeira etapa celebrada entre Aguete e Portonovo, tras 16 millas e media de percorrido, lembremos que os resultados dos primeiros, foron,

Clase 1

1º) ENXUTO (First 310 – Pablo Conde – Düsseldorfer Yacht Club), 1 punto

2º) AGUIEIRA (Sun Oddisey 40 – Celestino Campelo – RCM Aguete), 2 puntos

3º) SEBRALA 2 (Bavaria 50 – Magin Froiz – RCN Sanxenxo), 3 puntos

4º)YOUKOUNKOUN (JOD 35 – Adolfo Castro – CN Portonovo), 4 puntos

5º)VAGALUME (Beneteau 25 – Antonio Bea – RCN Sanxenxo), 5 puntos.

Clase 2

1º) SQUID (First 23.5 – Francisco Lusquiños – C.N. Portonovo), 1 punto

2º) SANTIAGO ROMA RIAS BAIXAS (Yatlant 24 – Iñaki Carbajo-CN Beluso), 2 puntos

3º) AQUARI (Oceanis 351-Luís Malvar-R.C.M. Aguete), 3 puntos

4º) FIRME (Golfiño 7.25 – Santiago Bausá – Escola NM Marín), 4 puntos 

5º) MIRAVER (Dufour 32 – Pablo Parrado – CN Portonovo) 5 puntos

Nada definitivo xa que en caso de empate, o mellor clasificado na última é o que gaña. Emoción pois este sábado a partir das 13:30 horas co percorrido desde Portonovo a Sanxenxo,  entregándose os premios ao acabar, nas instalacións do Real Club Náutico de Sanxenxo.

11 de abril de 2014 | 11:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.