Estudantes do colexio Salvador Moreno farán esta semana os roteiros Castelao e Sarmiento

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

O Concello de Pontevedra segue a ofrecer as visitas guiadas pola Pontevedra máis vencellada a Sarmiento e a Castelao, co obxecto de recuperar e difundir a memoria histórica da nosa cidade inserida no contorno xeral da historia de Galicia.

O martes 8 de abril, farán o roteiro Sarmiento 17 estudantes 3º de ESO do Colexio Salvador Moreno. Sairán ás 9.30 horas da praza de Méndez Núñez. Ao día seguinte farán o roteiro Castelao un grupo de 14 alumnos e alumnas de 4º de ESO deste mesmo centro. O roteiro comezará ás 9.30 horas desde a praza da Ferraría.

Por mor da climatoloxía adversa, ou por outras circunstancias, esta visita podería sufrir modificacións. De ser así, procuraremos mantelos informados.

7 de abril de 2014 | 18:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.