Estudantes de Turismo do campus de Chaves da UTAD promoven unha andaina pola Raia Luso-Galega

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVerín
A-
A+

Os/As alumnos do Curso de Turismo do campus de Chaves da Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro (UTAD) promoveron unha visita de estudio pola rexión, en concreto unha andaina pola Raia Luso-Galega.

Ademais do percorrido, a iniciativa, que contou con 25 alumnos/as e docentes da UTAD tivo como principais obxectivos dar a coñecer a rexión, a Eurocidade Chaves-Verín, así como aprender a deseñar un produto turístico cultural, relacionado coa rexión transfronteiriza.

A andaina iniciouse no campus da UTAD, en Outeiro Seco, ás 10.15 horas, pasando por Vila Verde da Raia ata a sede da Eurocidade, na antiga aduana de Feces de Abaixo. Alí tivo lugar un seminario sobre os traballo que se teñen desenvolvido pola Eurocidade Chaves-Verín, co obxecto de consolidar este territorio como un destino turístico de fronteira, centrado na saúde e benestar e identificado pola súa marca turística: “A Eurocidade da Agua”. Este seminario foi conducido por Pablo Rivera Búa do Secretariado Técnico Conxunto e José Sousa do Gabinete Técnico de Apoio da Eurocidade Chaves-Verín.

O programa da visita de estudio tamén incluía unha andaina ata Vilarelho da Raia, acompañando a raia fluvial e a raia seca, onde estaba prevista unha visita ao Centro Cultural e ao Museu Rural da localidade, contacto coas persoas e transmisión de experiencias, que tivo que suspenderse debido ás inclemencias meteorolóxicas.

A Eurocidade Chaves-Verín é un proxecto de cooperación transfronteiriza aprobado no ámbito do Programa Operacional de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP), coa participación financieira da Unión Europea (co-financiamento FEDER).

3 de abril de 2014 | 13:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.