Este verán tampouco abrirá a cafetería da Estación Marítima do Pasaxe

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Guarda
A-
A+

O cambio inesperado da postura do PP neste asunto fixo que non poideran aprobarse no pleno do pasado luns os pregos do concurso, do xa terceiro concurso, de adxudicación da cafetería. E resulta sorprendente o cambio  de postura cando nos dous anteriores procesos facilitaron a aprobación e, froito das conversas mantidas con este grupo e a petición deles, melloráronse as condicións para os licitadores.

Primeiro, e xa foi unha mellora que se introducíu no segundo proceso, cando se determinou que se contemplara unha carencia de tres anos durante os cales o adxudicatario podería non pagar o canon anual. Parecía unha boa idea a aportada polo PP para non cargar a quen se quedara co servizo cunha doble imposición: pagar canon e acometer as inversións propias dun negocio que bota a andar. Segundo, e tamén aportada polo PP, na última Comisión de Asuntos Plenarios, que o canon se abonara por semestres e non anualmente, como estaba previsto no concurso anterior.

O xa coñecido problema da supresión de travesías do ferri, súmase agora a non apertura da cafetería, privando ós usuarios, sobre todo no verán, deste servizo. Algún grupo político, co cheiro das vindeiras eleccións municipais do ano que ven, empeza a practicar o principio de “canto peor, mellor”. Falta do servicio de cafetería, deterioro das instalacións, serán as tristes consecuencias da irresponsabilidade dalgúns. Que pena ademais, nos tempos que corren, que se imposibilite a creación duns cantos postos de traballo.

29 de abril de 2014 | 18:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.