Entrevista escolar ao alcalde de Cerdedo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCerdedo
A-
A+
Visita dos escolares ás instalacións do Concello de Cerdedo

Visita dos escolares ás instalacións do Concello de Cerdedo

Na mañá de hoxe os alumnos de 6º  de Ed. Primaria do colexio San Juan Bautista de Cerdedo realizáronlle ao Alcalde unha entrevista sobre a actualidade do municipio e o traballo que desenvolve. Na mesma o rexedor municipal explicoulle como é o día a día e as xestións máis importantes que se realizan.

Esta entrevista é para a revista que elaboran os alumnos do centro. A mesma realizouse no salón de plenos do municipio e o Alcalde ao finalizar convidou os nenos a participar nun pleno municipal e entregoulle un pequeno obsequio.

 

21 de abril de 2014 | 18:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.