Entrega de vales da campaña Mercar na Cañiza ten premio
O Alcalde do Concello da Cañiza entregou 1.500 €uros en vales de compra aos veciños da vila portadores dos números agraciados no 1º sorteo do ano desta campaña.
Trátase dunha campaña que pretende dinamizar e incentivar o pequeno e mediano comercio.
O Alcalde da Cañiza, Miguel Domínguez, entregou , no Salón de Plenos do Concello os premios aos portadores dos números agraciados no sorteo celebrado o pasado 28 de marzo dentro da campaña “Mercar na Cañiza ten premio”, campaña posta en marcha a primeiros de ano.
Trátase dun programa que pretende dinamizar e incentivar o pequeno e mediano comercio da vila e consiste en sortear entre os clientes dos comercios do municipio, que fagan compras por un importe superior a 10 €, 15 vales de compra por valor de 100 €uros cada un para empregar novamente nestes establecementos adheridos á campaña que de desenvolverá ata finais de ano.