Entrega de diplomas do curso “Actividades de Venda” da Guarda
O día 2 de abril o alcalde da Guarda, José Manuel Domínguez Freitas, acompañado do Concelleiro de Educación, Antonio Lomba Baz, da Concelleira de Comercio, Montserrat Magallanes, e a técnica de emprego do Concello, Elena Rodríguez, fixo entrega no salón de plenos dos diplomas do curso de “Actividades de venda”.
O alcalde, quixo felicitar ós alumnos polo seu bo facer e destacou a importancia dun curso que mellore a súa formación e permita a súa inmersión no mercado laboral.
O curso, que pódese equiparar a un ciclo medio, permitiulles obter un certificado de profesionalidade. Foi impartido na Casa de Oficios da Guarda dende o pasado mes de xullo, e estivo composto por dous bloques de competencia e Módulos transversais, nos que destacan diferentes contidos como son Operacións de venda, Información e atención ó cliente, Inglés profesional para actividades comerciais e Prácticas profesionais non laborais.
“A situación actual é complicada, pero as empresas nas que realizaron as prácticas quedaron moi contentos e seguro que nun futuro contan con eles cando a situación mellore”, destacou o seu profesor Joaquín González Franco (de Informática San Benito). “Dos 15 alumnos que realizaron o curso, 3 están traballando en empresas locais e 2 de maneira autónoma”.
Óscar Rodríguez: “Mudou a miña forma de pensar. Aportoume seguridade e táboas á hora de vender e saber xestionar unha entrevista de traballo, algo moi importante no nosos días.
Almudena Rodríguez ( traballadora do Eroski): “Foi Un curso moi completo, e estou moi agradecida xa que permitiume conseguir traballo”.











