Entrega de diplomas aos participantes no Curso de Coidador Sociosanitario de AFAL

Entrega de diplomas aos participantes no curso
A presidenta de AFAL Ferrolterra, Milagres Prieto Gondell, presidiu esta tarde nas instalacións da asociación o acto de entrega dos diplomas acreditativos aos participantes no Curso de Coidador Sociosanitario de Persoas Dependentes. Organizado por AFAL coa colaboración do Sergas e a Sociedade Galega de Gerontología e Xeriatría, a acción formativa desenvolveuse entre o 31 de marzo e o 11 de abril co obxectivo de dotar aos coidadores da información, coñecementos e habilidades necesarias para desenvolver de forma eficaz o seu papel. Non só iso, tamén mellorar a autoestima dos coidadores principais e proporcionarlles información sobre recursos sociosanitarios.
Impartido por un equipo multidisciplinar integrado por Silvia Loureiro (logopeda), Rita Touza (psicóloga), Alba Romeu (educadora social), Noelia Ríos (terapeuta ocupacional), Iria Abad (traballadora social), Jesús Vitoria (pedagogo) e Araceli Prieto (enfermeira), no mesmo participaron vinte acodes.











