Entrega de axudas ao deporte federado de Ribadumia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibadumia
A-
A+
Entrega das axudas

Entrega das axudas

Os presidentes do Club Náutico O Muíño e o Club Deportivo Ribadumia recibiron hoxe de mans da alcaldesa Salomé Peña Muñíz e o deputado provincial José Luís Pérez a resolución favorable das súas solicitudes económicas o ente provincial.

No caso do Club Náutico O Muíño de Ribadumia a Deputación de Pontevedra acordou conceder unha axuda para a XX Baixada do Río Umia e a súa participación en Ligas de Competición Federadas. Náutico O Muiño de Ribadumia é o único do piragüismo arousano e galego que ten presenza en todas as disciplinas e conta con 9 deportistas internacionáis, entre vos que destacan o medallista olímpico Carlos Pérez Rial (Perucho) e Paulino Otero.

Pola súa banda o Club Deportivo Ribadumia tamén recibiu a colaboración económica solicitada para a participación en Ligas de Competición federadas. O club con mais de cincuenta anos de antigüidade está presente en competicións oficias da federación de fútbol en categorías de sénior, xuvenís, cadetes, infantís, alevíns, benxamíns e prebenxamins cun total de 120 licenzas.

Esta axuda enmárcanse dentro do obxectivo de apoio o deporte fomentado pola Deputación de Pontevedra.

O Concello de Ribadumia tamén apoia o funcionamento destas Agrupacións deportivas a través das subvencións dirixidas a asociacións que convoca anualmente e a entrega puntual de material como o Kaiak entregado o Club Náutico fai unhas semás.

11 de abril de 2014 | 19:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.