Entran en funcionamento os colectores subterráneos de San Eleuterio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+

A concelleira de Medio Ambiente mosense, Julia Loureiro, informou hoxe de que xa están novamente operativos os contedores subterráneos da urbanización de San Eleuterio, na parroquia de Tameiga, tras ter realizado neles as reparacións oportunas.

Trátase dun total de 6 contedores subterráneos: 4 de materia orgánica, un de vidro e outro de papel e cartón. Este tipo de contedores reportan unha serie de beneficios sobre os comúns, tales coma a reducción da contaminación e un menor impacto visual. A posta a punto e reparación destes 6 contedores foi posible gracias á subvención do Fondo de Compensación Ambiental da consellería de Presidencia e Administracións Públicas da Xunta de Galicia para un proxecto de ‘Recuperación e Mellora de Espazos Ambientalmente Degradados de Puntos de Recollida de Lixo do Concello de Mos’ gracias ó que se realizou tamén a instalación de isletas para unha óptima e máis estética ubicación dos contedores de lixo e reciclaxe.

Ditas actuacións de mellora leváronse a cabo nas 6 zonas máis urbanas e claves do Concello de Mos onde se atopan instalados tamén puntos de recollida de lixo e son Puxeiros, Peinador, San Eleuterio, Sanguiñeda, San Antoíño e San Rafael. Ditas actuacións consistiron en traballos de recuperación de espazos ambientalmente degradados e mellora de anclaxes de contedores e puntos de recollida de lixo no rural creando unha infraestrura en cada un destes seis lugares a modo de plataforma ou isleta.

No caso de San Eleuterio, dado que é un moi importante núcleo urbán do Concello de Mos e que concentra un elevado número de habitantes, creouse unha isleta de reforzo para organizar e agrupar contedores.

Mini puntos limpos

Ademais da reparación dos contedores subterráneos de San Eleuterio, a edil Julia Loureiro anunciou tamén esta mañá que hoxe mesmo deu comezo a instalación de novos contedores de reciclaxe de aceite usado nos que se pode depositar directamente a botella, sen necesidade de valeirar o líquido contido na mesma. A maiores, os vindeiros días iniciarase tamén a recolocación dalgunhas das xaulas de recollida de aceite xa existentes, agrupando nos mesmos puntos unha unidade de contedores de aceite, papel e cartón, vidro e plástico; e creando así unha especie de mini puntos limpos en diversas zonas do termo municipal mosense.

Todos estes traballos atópanse dentro do plan municipal integral de optimización medioambiental, incluída tamén a reubicación de contenedores de aceite e o reforzo mediante a instalación de novos contedores, tamén de aceite usado, pero cun sistema innovador que permite desfeitar o aceite dentro do propio recipiente ou botella, sen ter que valeiralo. Estes novos elementos, que sustitúen o sistema do bidón por outro máis sofisticado, están a ser instalados dende hoxe pola empresa PMA.

Gracias ó desenvolvemento dun plan municipal integral de optimización medioambiental “conseguimos un espazo máis limpo e mellor ambientalmente e concienciar ós habitantes do Concello de Mos da necesidade de conservar as instalacións en bo estado”, explica Loureiro. E é que, na medida en que se melloran as instalacións, o usuario adquire maior conciencia do deber de manter limpo o medio ambiente.

28 de abril de 2014 | 19:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.